iconos iconos axudaonline

ACCESO CON CERTIFICADO

O acceso con certificado, constitúe a forma máis segura de acceder a calquera sistema. Este modo de acceso, estará dispoñible para todas/os posibles usuarias/os de FIDES, tanto profesionais coma aspirantes.

É necesario dispoñer dun certificado dixital expedido pola FNMT ou dun DNI electrónico (DNIe) para acceder ó sistema. Ademais, haberá que introducir o valor do identificador persoal (NIF/NIE) no recadro correspondente.

axuda_online

Na parte final desta axuda, engádese un punto de orientación técnica de cómo utilizar os certificados.

SERVIZOS DISPOÑIBLES

Dependendo do noso perfil, poderemos acceder a certa información. Deste xeito identificamos os seguintes tipos de usuarios:

AXUDA_ONLINE

FIDES dispón de moitas funcionalidades ás que poderemos acceder dependendo da maneira de acceso ó sistema. Todas as funcionalidades, se mostrarán na parte superior da pantalla, en forma de menú.

Axuda_online

  • Expedient-e: Expediente electrónico con toda a información curricular das/os profesionais e aspirantes. Desde aquí poderase xestionar e enriquecer, así coma consultar o estado da validación por parte da Organización, de todos os nosos méritos introducidos.
  • Procesos: Permite o acceso a diversos procesos que se poidan abrir ó longo do tempo (listas de contratación, ofertas públicas de emprego, etc.)
  • Consulta: Consulta da información de vinculación coa Organización, tanto a actual coma o histórica (permisos, ausencias, dietas, vínculos)
  • Nóminas: Acceso á información económica (recibo de nóminas, anticipos e retencións, trienios, ficha de haberes, consulta da información de IRPF)
  • Solicitudes: Acceso, segundo dispoñibilidade, a certas solicitudes (solicitudes de permisos, certificados, IRPF)

Tamén se complementan as opcións anteriores, con elementos informativos que nos achegan máis ó sistema ou ó noso centro de traballo:

  • Novas: Visualízanse novidades do sistema ou noticias interesantes para as/os usuarias/os
  • Guía de Acollida: Segundo dispoñibilidade en cada centro, mostra a documentación informativa de axuda básica para coñecer os procedementos, convenios ou calendario laboral, do noso centro actual de traballo
  • Axuda: Elementos básicos de axuda coma a guía rápida

Na seguinte táboa, móstranse as opcións que se terán dispoñibles en función do tipo de acceso e do perfil que teñamos.

axuda_online

INSTRUCCIÓNS TÉCNICAS

O acceso con certificado dixital ou con DNI electrónico, garante un nivel de seguridade máximo no acceso á nosa información. Para  obter algún destes documentos deberá:

  • DNI electrónico
    • Nas oficinas da Policía que emiten os DNI. Esta obtención dependerá da data de renovación do documento en caso de ter un DNI sen certificado (formato antigo). En caso de xa dispoñer do novo formato de DNI electrónico, en calquera oficina da Policía axudarannos a obter a chave de acceso ó certificado

Para acceder por internet, será requisito indispensable, dispor dun certificado dixital expedido pola FNMT ou dun DNI electrónico. Se o certificado dixital non o temos instalado no navegador, será necesario utilizar unha lectora de tarxetas.

axuda_online

O uso dunha lectora de tarxetas, será imprescindible se accedemos con DNI electrónico ou coa Tarxeta Sanitaria do Sergas.

Se accedemos cun certificado da FNMT instalado no navegador, non necesitaremos a lectora de tarxetas senón que o acceso será directo.

Se non temos DNI electrónico nin Tarxeta Sanitaria con chip, unicamente poderemos acceder se temos un certificado dixital expedido pola FNMT instalado no noso navegador. Para comprobar a instalación, temos que consultar as opcións do navegador.

Accederemos a través da opción "herramientas" e a continuación "opciones de internet".

axuda_online

Se pulsando en "Certificados..." non vemos o noso certificado dixital non poderemos acceder á Oficina Virtual.

En caso de verificar que non temos un certificado instalado no navegador e se nos proporciona un no PAE (Punto Acreditación Electrónica), poderemos instalalo da seguinte maneira.

imaxe

Sexa precavido e responsable co uso do seu certificado. Non o instale en ordenadores de uso común. Lembre que o certificado dixital é un medio de identificación legal.