O acceso con certificado, constitúe a forma máis segura de acceder a calquera sistema. Este modo de acceso, estará dispoñible para todas/os posibles usuarias/os de FIDES, tanto profesionais coma aspirantes.
É necesario dispoñer dun certificado dixital expedido pola FNMT, DNI electrónico (DNIe) ou certificado Camerfirma para acceder ó sistema. Ademais, haberá que introducir o valor do identificador persoal (NIF/NIE) no recadro correspondente.
Na parte final desta axuda, engádese un punto de orientación técnica de cómo utilizar os certificados.
Dependendo do noso perfil, poderemos acceder a certa información. Deste xeito identificamos os seguintes tipos de usuarios:
FIDES dispón de moitas funcionalidades ás que poderemos acceder dependendo da maneira de acceso ó sistema. Todas as funcionalidades, se mostrarán na parte superior da pantalla, en forma de menú.
Tamén se complementan as opcións anteriores, con elementos informativos que nos achegan máis ó sistema ou ó noso centro de traballo:
Na seguinte táboa, móstranse as opcións que se terán dispoñibles en función do tipo de acceso e do perfil que teñamos.
O acceso con certificado dixital ou con DNI electrónico, garante un nivel de seguridade máximo no acceso á nosa información. Para obter algún destes documentos deberá:
Para acceder por internet, será requisito indispensable, dispor dun certificado dixital expedido pola FNMT, DNI electrónico (DNIe) ou certificado Camerfirma. Se o certificado dixital non o temos instalado no navegador, será necesario utilizar unha lectora de tarxetas.
O uso dunha lectora de tarxetas, será imprescindible se accedemos con DNI electrónico ou coa Tarxeta Sanitaria do Sergas.
Se accedemos cun certificado da FNMT ou certificado Camerfirma instalado no navegador, non necesitaremos a lectora de tarxetas senón que o acceso será directo.
Se non temos DNI electrónico nin Tarxeta Sanitaria con chip, unicamente poderemos acceder se temos un certificado dixital expedido pola FNMT ou un certificado Camerfirma instalado no noso navegador. Para comprobar a instalación, temos que consultar as opcións do navegador.
Accederemos a través da opción "herramientas" e a continuación "opciones de internet".
Se pulsando en "Certificados..." non vemos o noso certificado dixital non poderemos acceder á Oficina Virtual.
En caso de verificar que non temos un certificado instalado no navegador e se nos proporciona un no PAE (Punto Acreditación Electrónica), poderemos instalalo da seguinte maneira.