O acceso sen certificado, constitúe unha forma sinxela de acceder a FIDES, aínda que as funcionalidades que estarán dispoñibles non serán sempre as mesmas en número. É posible que accedendo ó sistema desta maneira, no futuro non poidamos realizar o proceso completo de tramitación electrónica, aínda que si que teremos certos servizos básicos.
Aínda que a seguridade sempre está garantida, a recomendación é utilizar sempre un certificado dixital ou un DNI electrónico para o acceso á nosa información desde Internet. Consulte a axuda de acceso con certificado, para saber cómo obter un certificado e cómo utilizalo.
É necesario dispoñer dun usuario e dunha chave para acceder desta maneira ó sistema.
No caso de dispor dun usuario e chave, teremos que acceder a FIDES dende a opción de “Acceso sen certificado”.
Dependendo do noso perfil, poderemos acceder a certa información. Deste xeito identificamos os seguintes tipos de usuarios:
FIDES dispón de moitas funcionalidades ás que poderemos acceder dependendo da maneira de acceso ó sistema. Todas as funcionalidades, se mostrarán na parte superior da pantalla, en forma de menú.
Cabe destacar que non está dispoñible a opción de acceso con seguridade básica (usuario e chave) para as/os profesionais que actualmente dispoñan dun vínculo contractual aberto co Servizo Galego de Saúde.
Tamén se complementan as opcións anteriores, con elementos informativos que nos achegan máis ó sistema ou ó noso centro de traballo:
Na seguinte táboa, móstranse as opcións que se terán dispoñibles en función do tipo de acceso e do perfil que teñamos.
Únicamente estarán dispoñibles con este tipo de acceso, a xestión do Expediente Electrónico e os futuros formularios de participación en procesos. Non se poderá acceder á información máis persoal ou a posibles futuros rexistros telemáticos ou pagamento de taxas, mediante este tipo de acceso.