iconos axuda online axudaonline
Volver
Volver
 

Preguntas Frecuentes

¿Cómo funciona o sistema FIDES?

O/A profesional rexistra os seus datos e méritos e constrùe o seu currículo. Nós axudarémoslle mediante axudas en liña e a través de puntos de acceso e información nos centros correspondentes.

Problemas no acceso ou na alta sen certificado dixital.

Se esqueceu o seu contrasinal, na ventá de acceso a Fides, onde se escolle o modo de acceso (con ou sen certificado dixital) pode atopar o enlace Esqueciches o contrasinal?, que deberá premer para que o sistema lle envíe automaticamente unha nova clave ó correo electrónico que nos indicou na fase de alta no sistema. Lembre que o usuario é o seu DNI coa letra. Para outras incidencias na alta ou no acceso sen certificado dixital terá que dirixirse a un PAE (Punto de acreditación electrónica) para a súa resolución, ou obter un certificado dixital valido na FNMT (Fabrica Nacional de Moeda e Timbre) que lle habilite para o acceso con certificado.

CONTACTA:

De ter problemas cos accesos ao Expedient-e poderá dirixirse a un PAE situado nos principais centros sanitarios do Sergas.